Xunta e Deputación asinan un protocolo clave para o comercio de proximidade | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia asinaron un acordo estratéxico para modernizar os espazos comerciais da provincia e convertelos en escaparates do produto local. O protocolo foi asinado polo presidente provincial, Luis Menor, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.

O marco de financiamento establece que a Xunta achegará o 70% dos custos, a Deputación o 20% e os concellos o 10% restante para as reformas necesarias.

Como exemplo desta iniciativa, estanse a desenvolver obras nas instalacións de Xinzo de Limia cunha achega de 200.000 euros da Deputación. O obxectivo das intervencións é adaptar os recintos aos novos hábitos dos consumidores, incorporar equipamento moderno e xerando novos servizos para revitalizar o comercio e a actividade económica nas vilas.

Luis Menor destacou o obxectivo de potenciar o mercado tradicional, dar valor á actividade dos produtores e promover o consumo de proximidade, situando á Deputación como un instrumento de apoio económico clave.

Pola súa banda, José González explicou que as prazas beneficiarias deberán contar cun diagnóstico e un proxecto de reforma para obter o recoñecemento de excelencia comercial.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA