O concelleiro de Cultura e Relacións Institucionais do Concello de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, participou na clausura oficial do 900 aniversario da fundación de Ponte de Lima.
Esta vila, recoñecida como a máis antiga de Portugal, celebrou o remate dun ano de conmemoracións pola concesión da súa carta foral no ano 1125 pola raíña Teresa de León. A presenza de Xinzo de Limia busca consolidar os fortes vínculos históricos e culturais que unen ambas beiras do río Limia, unha alianza selada cun protocolo de hermanamento asinado hai case 50 anos.
Á cerimonia asistiron autoridades de ambos países, destacando a presenza do ministro de Defensa portugués, Nuno Melo, xunto ao presidente da Cámara Municipal, Vasco Ferraz, e o presidente da Assembleia Municipal, João Mimoso de Morais. Por parte de Galicia, a delegación estivo liderada polo vicepresidente da Xunta, Diego Calvo.
Durante o último ano, Ponte de Lima desenvolveu unha programación cultural que puxo en valor o seu legado. Esta vila, con preto de 40.000 habitantes, demostrou a súa capacidade para mobilizar á súa comunidade e proxección cara ao futuro, consolidándose como un referente cultural e un aliado estratéxico para a comarca de A Limia.
Fonte: www.diariodolimia.gal
