O Club de Kárate de Xinzo de Limia acadou un éxito notable no Campionato Galego celebrado en Santiago, conseguindo tres títulos autonómicos e varias posicións destacadas en categorías de base.
A competición, organizada pola federación autonómica, contou coa participación de numerosos clubs de toda Galicia. O equipo limián situouse entre os cinco mellores do medallero autonómico, nunha clasificación na que participaron máis de 30 clubs.
Entre os campións galegos destacan Laia Rodríguez en kumite infantil, Lucas Suárez en kumite infantil, e Mauro Suárez en kata benjamín.
Ademais, Gael Gómez obtivo o terceiro posto en kumite infantil, e Fabio Rguez o segundo posto en kumite cadete.
O club tamén subliñou as actuacións de Lucía, Lucas e Izan en kata, que finalizaron na quinta posición nas súas respectivas categorías.
Estes resultados confirman a posición do club de Xinzo entre os cinco mellores do kárate infantil en Galicia, sendo un referente na modalidade.
A entidade destaca o traballo realizado na base durante os últimos cinco anos, consolidando un grupo de deportistas xuvenís que compiten a nivel autonómico.
Fonte: www.diariodolimia.gal
