Xinzo gaña espazo industrial grazas ao remate da ampliación do polígono na que a Xunta investiu 7,5 millóns

Diario do Limia

Xinzo de Limia amplía o seu parque empresarial cunha nova superficie de 117.418 metros cadrados, o que supón un incremento do 40% da súa capacidade. Esta actuación, cun investimento superior aos 7,5 millóns de euros, pon a disposición de empresas e emprendedores 23 novas parcelas, respondendo a unha demanda histórica do tecido empresarial local.

A Xunta de Galicia anunciou o remate das obras de urbanización desta ampliación. Para que as empresas poidan comezar a construír, Xestur xa solicitou ao Concello de Xinzo a aprobación do acta de recepción das obras. Unha vez formalizado este trámite, as parcelas terán a condición de solar e permitirán a solicitude de licenzas de obra e actividade.

Esta ampliación intégrase na estratexia autonómica para dotar a provincia de Ourense de 2,6 millóns de metros cadrados de novo solo industrial, con proxectos similares noutras localidades da provincia.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA