Xinzo estrena un «Punto Selfie» para facilitar las fotos ante el mural de la Pantalla | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

Xinzo de Limia Instala un «Punto Selfie» para Promocionar o Entroido e o Mural da Pantalla

A Concellaría de Cultura e Turismo de Xinzo de Limia deu un paso máis na modernización dos seus recursos promocionais coa instalación dun novo elemento de mobiliario urbano na Rúa Dous de Maio.

Trátase dun «Punto Selfie» situado estratexicamente fronte ao gran mural adicado á Pantalla (baseado nunha imaxe da fotógrafa Noelia Caseiro) e ao Museo Galego do Entroido (MUGAE). Esta iniciativa busca capitalizar o interese que este recuncho espertou entre os transeúntes e convertelo nunha ferramenta de difusión masiva a través das redes sociais.

A estrutura foi deseñada para indicar a veciños e turistas o encadre idóneo para capturar a obra artística na súa totalidade, solucionando as dificultades de perspectiva que ás veces presenta a rúa. Segundo o goberno local, esta actuación responde á observación directa do fluxo de visitantes, xa que este espazo consolidouse como un dos escenarios máis fotografados da vila. O obxectivo é facilitar a toma de imaxes de calidade para que a marca Xinzo e o seu Entroido cheguen máis lonxe a través das publicacións dixitais dos usuarios.

Ademais da súa función estética, o soporte incorpora tecnoloxía para enriquecer a visita. O panel inclúe dous códigos QR diferenciados: o primeiro achega información detallada sobre o significado, a simbología e o proceso de creación do mural, mentres que o segundo ofrece acceso directo á guía completa de recursos turísticos do municipio. Con esta ferramenta combínase a promoción viral coa divulgación cultural, poñendo en valor o patrimonio contemporáneo da Limia.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA