Vilar de Santos estrea un plan para reforzar a mente da terceira idade | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

O Concello de Vilar de Santos, en colaboración coa Cruz Vermella na Limia, porá en marcha un Obradoiro de Estimulación Cognitiva dirixido a persoas maiores do municipio. A iniciativa comezará o xoves 5 de marzo ás 16:30 horas no Salón Multiusos do Concello.

Esta actividade terá unha periodicidade quincenal co obxectivo de ofrecer un espazo estable para manter a mente activa, exercitar habilidades mentais, reforzar a memoria e fomentar a socialización, combatendo a soidade nas zonas rurais.

As persoas interesadas en participar poderán obter máis información e inscribirse contactando coa Cruz Vermella na Limia (teléfono 988 462 541 ou correo electrónico [email protected]) ou co Concello de Vilar de Santos (teléfono 988 465 883).

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA