Campamento Dixit@l gratuíto en Vilar de Santos
O Concello de Vilar de Santos organiza un campamento dixital gratuíto para nenos e nenas de 12 e 13 anos, do 21 de xullo ao 1 de agosto na aula CEMIT municipal (10:00h a 13:00h).
A iniciativa, da Fundación Cibervoluntarios, busca fomentar o uso seguro e responsable de Internet, ensinando a crear contido dixital, identificar noticias falsas e xestionar a privacidade en redes sociais.
O campamento, que ofrece un certificado DigComp de competencias dixitais e forma parte do programa estatal CODI, ten prazas limitadas e as inscricións están abertas ata o 20 de xuño nos Servizos Sociais do Concello.
Fonte: www.diariodolimia.gal