Un vídeo manipulado con intelixencia artificial ataca ao concelleiro de Xinzo de Limia, Ricardo Sieiro, pola súa condición LGTBI.
O material audiovisual, que circula en redes sociais, non é orixinal e foi adulterado intencionadamente, alterando contido previamente publicado. O obxectivo é desprestixiar e sinalar publicamente ao edil con mensaxes que apelan ao odio e á discriminación por orientación sexual.
Esta práctica vulnera principios democráticos e de respecto á diversidade, e podería constituír un delito de odio ao incitar ao rexeitamento e estigmatización dunha persoa por unha condición persoal protexida pola lei.
Denunciase o uso irresponsable e malintencionado da intelixencia artificial para crear contidos falsos, especialmente cando se emprega para atacar a representantes públicos e alimentar discursos LGTBIfóbicos.
Reitérase o compromiso coa información veraz, a defensa dos dereitos humanos e a loita contra calquera forma de discriminación. Resérvase o dereito a emprender accións legais para esclarecer os feitos e identificar aos responsables.
A liberdade de expresión non debe ser utilizada como escusa para o odio nin para a manipulación tecnolóxica con fins de acoso. A convivencia democrática esixe responsabilidade e respecto.
Fonte: www.diariodolimia.gal
