Xornada de ocio en Pazolandia para a mocidade de Xinzo
O Concello de Xinzo de Limia organiza unha excursión ao parque de atraccións de Nadal Pazolandia, situado en Ourense, para mozos e mozas de 8 a 14 anos. A actividade terá lugar o venres 26 de decembro pola mañá e forma parte das iniciativas de lecer para estas festas.
As prazas son limitadas a 100 e asignaranse por orde de inscrición. Os interesados poderán inscribirse desde hoxe na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
O Concello salienta a importancia de respectar as idades e as medidas de seguridade.
Fonte: www.diariodolimia.gal
