O Concello activa as cámaras de control de tráfico no casco histórico dentro do plan de mobilidade | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

Xinzo instala cámaras para controlar o tráfico no centro histórico

O Concello de Xinzo de Limia activou as cámaras de control de tráfico no centro histórico, concretamente nas rúas Santa Mariña, Lepanto, Jesús Carlos Romero Nieto, Otero Pedraio, Dous de Maio e San Roque, como parte do plan de mobilidade “Xinzo Paso a Paso”.

Ábrese un período de adaptación no que os vehículos que necesiten acceder deberán rexistrar a súa matrícula no Concello, acreditando a súa condición (residente, negocio, etc.). O obxectivo é evitar sancións a residentes, profesionais e repartidores autorizados.

Segundo Ramón Gómez, concelleiro de Obras e Mobilidade, a medida busca «ordenar, humanizar e obxectivar o tráfico» e garantir o cumprimento das normas de acceso. O sistema aplicará sancións a vehículos non autorizados e controlará o peso dos camións. Mantense o acceso para urxencias, carga e descarga (07:00-10:30 h) e residentes acreditados.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA