O Club Ourense Baloncesto desprazouse a Xinzo de Limia para compartir unha xornada de baloncesto coa canteira do AB Xinzo. Máis dun centenar de xogadores e xogadoras da entidade local participaron en sesións de xogo, aprendizaxe de movementos e dinámicas na pista xunto ao equipo ourensán.
A xornada rematou cunha quenda de preguntas, onde os mozos deportistas puideron coñecer aspectos da vida dun xogador profesional, e unha sinatura de autógrafos.
Fonte: www.diariodolimia.gal
