Vivir o Entroido na Limia: Unha viaxe á memoria
Experienciar o Entroido é revivir a ilusión, recuperando recordos ano tras ano na Limia. O carnaval, de feito, axuda a fortalecer a memoria. Diversos estudos así o confirman, e Xinzo de Limia conta con recursos de primeira calidade que permiten vivir a cultura, as tradicións, o rural, a creatividade, a ilusión… Elementos que contribuen á creación de conexións neuronais, favorecendo a prevención do deterioro cognitivo.
Visita da Asociación Escola Rural de Saúde ao MUGAE
Por iso, na Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, temos motivos de sobra para visitar de novo o Museo do Entroido de Galicia (MUGAE) e realizar unha visita guiada cun numeroso grupo de persoas de varios concellos da contorna. Esta actividade, realizada coa colaboración da Deputación de Ourense, pretende dinamizar o rural e favorecer a inclusión das persoas maiores nas actividades comunitarias.
Fonte: www.diariodolimia.gal