NOTICIAS XINZO | Uns 600 karatekas reuniranse este sábado no pavillón municipal

Diario do Limia

Xinzo de Limia acolle a terceira xornada da Liga Galega de Karate

O Polideportivo Municipal de Xinzo de Limia será a sede da terceira xornada da Liga Galega de Karate e Disciplinas Asociadas o 7 de xuño de 2025.

O evento, organizado pola Federación Galega de Karate co apoio do Concello, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, reunirá a 592 deportistas de toda Galicia con idades entre os 5 e os 17 anos.

Os karatecas competirán nas modalidades de Kata e Kumite, divididos en niveis «Restrinxido» e «Avanzado».

A competición terá lugar en dúas quendas: mañá para as categorías xuvenil, cadete e júnior, e tarde para as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil.

Participarán 196 deportistas da provincia de Ourense, representando a clubs como o Club de Karate Xinzo de Limia, River Stone, Mizukami e o Karate Club Maceda, ademais de clubs doutras provincias galegas.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA