Instalado ascensor no CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou as obras de instalación dun ascensor no CEIP Carlos Casares, en Xinzo de Limia. A Consellería de Educación investiu preto de 68.000 euros nesta mellora da accesibilidade.
O novo ascensor, con capacidade para oito persoas, facilitará o acceso á primeira planta, onde se sitúan as aulas.
Esta actuación enmárcase no Plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta, que prevé melloras en centros educativos de toda Galicia.
Fonte: www.diariodolimia.gal