A Garda Civil atopou o cadáver de Javier Palomanes no río Limia, á altura da rúa Carmen Novoa en Xinzo de Limia, tras ser denunciada a súa desaparición o martes. Un testemuño indicou que o home podería caer ao río, preto da «ponte nova».
Efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil localizaron o corpo en menos de 40 minutos tras comezar a busca. No dispositivo participaron a Policía Local, Protección Civil de Xinzo e Porqueira, Bombeiros do Parque Comarcal e o GES de Muíños. Os especialistas entraron no río pasadas as 18:00 horas.
O levantamento do cadáver realizouse pasadas as 20:15 horas do martes, despois de que o dispositivo se iniciase arredor das 10:30 horas. Un testigo declarou que vira a Javier con vida o sábado anterior, entre as 12:00 e as 13:00 horas, no parque do Toural de Xinzo. Investígase agora a causa da morte, se foi accidental ou autolítica.
Fonte: www.diariodolimia.gal