Atraco violento en Xinzo de Limia
O pasado día 18, unha muller e o seu fillo, empresarios de Xinzo de Limia, foron vítimas dun atraco violento cando se dirixían á súa casa na Travesía do Bouzo, aproximadamente ás 20:00 horas.
Catro individuos encapuchados e armados sorprendéronos e, sen contemplacións, ameazáronos e agredironos. Os asaltantes, con rostros tapados con pasamontañas, empregaron armas brancas e de fogo.
A muller e o fillo, propietarios da ferretería Valdeiras na Praza de San Roque, foron separados. Mentres dous dos delincuentes se levaron ao fillo, os outros dous mantiveron á nai inmobilizada na vivenda, buscando xoias e diñeiro.
O botín ascendeu a 7.000 euros en efectivo e xoias valoradas en outros 2.000 euros. A Guardia Civil investiga o sucedido e busca aos responsables deste brutal asalto.
Ata o momento, descóñcese a identidade dos catro individuos implicados no atraco.
Fonte: www.diariodolimia.gal