NOTICIAS XINZO | A Deputación financiará o arranxo das rúas do «Barrio de Abaixo»

Diario do Limia

Xinzo renova o firme do Barrio de Abaixo cun investimento de 254.000€

O Concello de Xinzo de Limia investirá máis de 254.000 euros, financiados polo Plan CooperOU da Deputación de Ourense, na renovación integral do firme do Barrio de Abaixo. A actuación, que non inclúe as rúas principais (Constitución, Galicia, Lepanto e San Roque), afectará rúas como Camiño do Regueiro, Serra de San Mamede, Serra de Manzaneda, Pena Trevinca, Serra do Larouco, Serra de Queixa, do Furriolo, do Padrón e Xabier Prado Lameiro.

Segundo o concelleiro Ramón Gómez, esta intervención responde ás demandas veciñais e busca mellorar a mobilidade, o confort e a seguridade peonil. A reforma enmárcase na estratexia municipal “Xinzo Paso a Paso” para revalorizar o centro histórico.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA