NOTICIAS XINZO | A Concellería de Deportes abre o prazo de inscrición para os campamentos de fútbol e ximnasia

Diario do Limia

A Concellería de Deportes de Xinzo de Limia organiza unha nova edición dos seus campamentos deportivos de verán, que se celebrarán do 23 ao 27 de xuño en horario de mañá, de 10:00 a 13:30 horas.

 

Os dous campus dispoñibles —Fútbol e Ximnasia— están dirixidos a nenas e nenos con ganas de divertirse e practicar deporte durante unha semana diferente, chea de aprendizaxe, amizade e actividade física.

 

No XI Campus de Tecnificación en Fútbol, haberá catro categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, para nados entre 2011 e 2019), con adestradores titulados, adestramento específico para porteiros, roupa deportiva incluída, sorteos diarios e picnic.

XI Campus de Tecnificación en Fútbol en Xinzo de Limia.

 
No Campus de Ximnasia, poderán participar rapaces e rapazas nados/as entre 2007 e 2021, tamén con adestradores titulados, roupa de adestramento, sorteos e picnic diario.

Campus de Ximnasia en Xinzo de Limia.

 
As inscricións poden realizarse presencialmente no Pavillón de Deportes ou no campo de fútbol José Antonio Fdez. Carrera, ou tamén online a través do formulario dispoñible na páxina oficial da Concellería. O prazo está aberto ata o venres 13 de xuño, e as prazas son limitadas.
 
Estes campamentos contan coa colaboración de EDC Xinzo de Limia, Gadis e a propia Concellería de Deportes, e ofrecen unha oportunidade única para que os máis pequenos desfruten dun verán activo, saudable e inesquecible.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA