NOTICIAS XINZO | A Carreira Popular Setek 2025 xa ten horarios confirmados

Diario do Limia

Xinzo celebra a Carreira Popular SeteK 2025

O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Deportiva Limiactiva organizan a Carreira Popular SeteK 2025, o sábado 21 de xuño ás 20:00 h. A proba absoluta consiste nun percorrido de 7 km polas rúas da vila, con saída e meta na Praza Maior.

Haberá carreiras para todas as categorías: Pitufos (20:00 h), Sub 8 (20:10 h), Sub10 e Sub12 (20:20 h), Sub14 e Sub16 (20:35 h) e Absoluta (21:00 h).

A inscrición está aberta ata o 18 de xuño en carreirasgalegas.com e inclúe mochila, medalla, dorsal personalizado e avituallamento. Haberá trofeos para as diferentes categorías.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA