A Garda Civil inspecciona bazares en Ourense, San Cibrao das Viñas e Xinzo de Limia
A Garda Civil, nunha operación conxunta, inspeccionou dez establecementos tipo bazar nas localidades de Ourense, San Cibrao das Viñas e Xinzo de Limia. As patrullas PAFIF de Lobios e Verín, Seprona e a Intervención de Armas, co apoio doutras unidades, incautaron artigos falsificados como roupa, mecheros, ventiladores e xoguetes. Estes produtos, ao non cumprir coa normativa de seguridade, supoñen un risco para os consumidores, especialmente os artigos infantís ou eléctricos.
A Garda Civil advirte sobre a importancia de mercar en canles legais para garantir a seguridade dos usuarios.
Fonte: www.diariodolimia.gal