Fronte común na Limia para pedir axuda polos 4 millóns de euros estragados nas inundacións | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

Os alcaldes da comarca da Limia reuníronse en Xinzo de Limia para acordar unha acción conxunta ante a crise climática.

O principal acordo foi solicitar unha reunión urxente co presidente da Xunta de Galicia para tratar o financiamento da reconstrución de infraestruturas públicas danificadas polos temporais recentes. Consideran que os estragos superan a capacidade económica dos concellos.

As reparacións estimáronse en máis de 4 millóns de euros. Aínda que os municipios solicitaron axudas ao Goberno do Estado, estas cobren só un máximo do 50% do custo, o que resulta insuficiente para o ámbito rural sen comprometer a estabilidade financeira dos concellos.

Por iso, a fronte común tamén dirixirá as súas demandas á Deputación de Ourense, buscando a implicación coordinada das tres administracións.

Os concellos participantes nesta alianza son Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía. O obxectivo é que se recoñeza a gravidade da situación das pistas, accesos e infraestruturas públicas para garantir a seguridade e a mobilidade da veciñanza.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA