FOTOGALERÍA | Os Reis Magos enchen Xinzo de ilusión nunha tarde máxica

Diario do Limia

Os Reis Magos visitan Xinzo de Limia

Xinzo de Limia acolleu unha emotiva xornada coa presenza dos Reis Magos de Oriente.

As Súas Maxestades realizaron un percorrido polas rúas da vila, saudando aos veciños e creando un ambiente festivo.

O evento culminou no pavillón de deportes, onde os máis pequenos tiveron a oportunidade de achegarse aos Reis Magos para expoñerlles os seus desexos.

A visita deixou numerosos momentos de emoción, sorrisos e ilusión entre a cativada, convertendo a tarde nunha experiencia memorable.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA