Visita a Arte Arrebol

A nosa visita ao taller de Arte Arrebol foi unha experiencia incrible e moi enriquecedora. Santi e Aurora recibironnnos con amabilidade, mostrándonos o laborioso proceso artesanal que empregan para crear as máscaras da Pantalla do Entroido de Xinzo.

Con moita paciencia e dedicación, modelan cada peza utilizando engrudo e papel de xornal, construíndo a máscara capa a capa ata alcanzar a forma desexada. Máis de 60 horas de traballo meticuloso son investidas en cada máscara, o que fai que o resultado final sexa unha verdadeira obra de arte, contribuíndo á preservación desta tradición tan importante do noso Entroido.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA