El Inorde impulsa un curso para proteger la salud de nuestros viñedos | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

O Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, convoca unha nova acción formativa centrada na Poda de Respecto, unha técnica agrícola avanzada para evitar a morte prematura das cepas e mellorar a saúde do viñedo. Esta actividade enmárcase na iniciativa piloto de Agricultura Rexenerativa en Viñedo, parte do proxecto europeo INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado por fondos FEDER.

As xornadas formativas divídense en dúas sesións complementarias nas comarcas da Limia e Monterrei.

A primeira sesión, de carácter teórico, terá lugar o 6 de marzo de 16:00 a 20:00 horas no Centro de Desenvolvemento Agropecuario do Inorde, en Xinzo de Limia. Abordaranse conceptos básicos de fisioloxía da vide, feridas de poda, conos de desecación, tipos e técnicas de poda, e xestión do equilibrio da planta para corrixir erros comúns.

A segunda xornada, eminentemente práctica, realizarase o 7 de marzo pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Finca experimental do Inorde, no contorno do Castelo de Monterrei. Os participantes poderán aplicar os coñecementos adquiridos o día anterior.

Esta capacitación agrícola está dirixida a profesionais e afeccionados ao sector vitivinícola da provincia.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA