O Concello de Xinzo de Limia solicitou á Subdelegación do Goberno unha memoria valorada dos danos causados polo temporal de febreiro. O obxectivo é optar a subvencións do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática para Zonas Afectadas Gravemente por Emerxencia de Protección Civil. Estas axudas poderían cubrir ata o 50% do custo das reparacións.
A inversión necesaria para restaurar as infraestruturas municipais, danadas polas fortes chuvias do 3 de febreiro, ascende a 1.135.459,62 euros (IVE incluído). O temporal obrigou á activación do Plan de Actuación Municipal fronte ao risco de Inundacións.
A rápida resposta e coordinación dende o Posto de Mando Avanzado foron cruciais para protexer á poboación. Non obstante, a forza da auga causou graves danos nas instalacións rurais, convertendo a obtención de fondos nunha prioridade.
O proxecto técnico presentado ao Estado inclúe un plan de choque integral para actuar sobre 75 quilómetros de vías municipais, garantindo a seguridade viaria e o acceso veciñal ás súas propiedades.
As actuacións divídense en tres partes: en 55 km de pistas de terra realizaranse traballos de limpeza e nivelación con zahorra artificial; en 20 km de pistas pavimentadas, levarase a cabo o bacheo con aglomerado asfáltico de 5 cm de grosor e triple riegado; e repoñeranse canalizacións con 500 m³ de tubos de PVC, ademais de mellorar os colectores de pluviais.
O goberno local agarda unha resolución favorable para poder licitar as obras.
Fonte: www.diariodolimia.gal
