El Concello fleta un autobús para acudir a la manifestación agrícola en Madrid | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

Xinzo de Limia organiza transporte gratuíto a Madrid para apoiar o sector primario

O Concello de Xinzo de Limia, co obxectivo de apoiar o sector primario, considerado un pilar fundamental da economía e a vida da comarca, porá a disposición dos veciños un autobús gratuíto para facilitar a súa asistencia á gran mobilización convocada en Madrid o vindeiro 11 de febreiro.

Esta iniciativa, anunciada polo alcalde Amador Díaz Penín, busca que a cidadanía poida acompañar a agricultores e gandeiros fronte á sede do Ministerio de Agricultura para apoiar a lectura dun manifesto conxunto en defensa do futuro do agro.

Inscricións

Para organizar a expedición, o goberno municipal abriu o prazo de inscrición a través dun único canal: unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono da Xefatura da Policía Local, 698 197 398. Non se admitirán outras vías de comunicación para xestionar as reservas de praza.

Na mensaxe, os interesados deberán incluír obrigatoriamente os seus datos persoais: nome e apelidos, enderezo completo e un teléfono de contacto.

Chamamento á participación

Amador Díaz fai un chamamento á participación, animando a todos os veciños e veciñas a acompañar ao sector nesta xornada reivindicativa, subliñando a importancia de mostrar unidade ante a difícil situación que atravesan as explotacións da zona.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA