Ao redor de medio centenar de agricultores e gandeiros da comarca da Limia cortaron de forma total o tráfico en ambos sentidos na autovía A-52, no quilómetro 188, á altura de Abavides (Trasmiras). A protesta, que comezou ao redor das 6:00 da mañá deste sábado 10 de xaneiro, recrudesce as mobilizacións contra a aprobación do tratado de libre comercio con Mercosur.
A autovía permanecerá cortada por tempo indefinido, ata que se presente unha delegación para negociar co sector agrario. O tráfico está sendo desviado pola N-525, o que supón que toda a circulación cara a Madrid debe pasar polo centro de Xinzo de Limia.
Fonte: www.diariodolimia.gal
