A Xunta licita por 98.500 euros un estudo de aves que inclúe a comarca da Limia | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, licitou un servizo por 98.539,09 euros para actualizar a información sobre a distribución e abundancia do paspallás, o pombo e a rula en Galicia.

O traballo de campo, que se estenderá durante 2026 e 2027, centrarase na Limia no primeiro lote (orzamento de 51.412,12 euros), abarcando os municipios de Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Vilar de Barrio, Sarreaus, Xinzo de Limia, Trasmiras, Porqueira e Xunqueira de Ambía. O segundo lote analizará a distribución da rula no resto de Galicia (47.126,97 euros).

A metodoloxía combinará observación e cuantificación directa de exemplares para avaliar a tendencia poboacional. Este proxecto está cofinanciado nun 60% por fondos Feder Galicia 2021-2027 e cumpre cos obxectivos da Directiva europea de conservación de aves silvestres e os requirimentos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

As empresas especializadas teñen ata o 16 de abril para presentar as súas ofertas.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA