A VI edición de Alimagro chega a Xinzo cunha aposta pola innovación e a rendibilidade no sector agrario

Diario do Limia

Xinzo de Limia acolle a VI edición de Alimagro, Feira do Agro da Limia

Do 5 ao 7 de setembro, Xinzo de Limia será o centro do sector agrario coa celebración de Alimagro. O evento incluirá a Feira da Pataca no polideportivo municipal e a Feira da Maquinaria arredor do Parque do Toural e a rúa Dous de Maio, reunindo empresas do sector galego e estatal.

Como evento previo, o 4 de setembro celebrarase a III Xornada Técnica da Pataca, organizada pola Revista Campo, centrada na sanidade vexetal, fertilización e xestión da auga para o regadío.

Alimagro, organizada polo Concello de Xinzo, é unha das principais feiras do agro en España e consolida o papel do municipio como referente agrario no noroeste peninsular.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA