O Concello de Xinzo de Limia acolle un ano máis o proxecto «Camiños de Coñecemento e Experiencia», unha iniciativa educativa en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O programa, parte do plan «Democratización do Coñecemento» e do «Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo)», está dirixido a persoas maiores de 50 anos da comarca.
O seu obxectivo é facilitar o acceso ao coñecemento científico, humanístico e artístico, mellorar a calidade de vida e o benestar, e fomentar a participación social a través do exercicio intelectual continuo.
A programación terá lugar na Casa da Cultura e consta de tres xornadas:
- 20 de marzo (16:30-18:00): «A (Des) Igualdade de xénero a debate», impartida por Patricia Alonso Ruido (USC).
- 27 de marzo (16:30-18:00): «O uso do móbil, sácalle partido», impartida por Álvaro Dosil Rosende.
- 29 de maio: «As orixes do culto xacobeo: historia e lenda», impartida por Victoriano Nodar.
A matrícula é gratuíta. As persoas interesadas poden inscribirse a través dun formulario web (https://forms.office.com/e/3TmXevcM2K), de forma presencial na Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas), ou solicitando información no correo electrónico [email protected].
Fonte: www.diariodolimia.gal
