A IMAXE DE… | Colaboración entre a Xunta e Vilar de Santos para impulsar o emprego e a dinamización local

Diario do Limia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras, para analizar vías de cooperación en materia de emprego e dinamización territorial ligada ao comercio e á artesanía.

No encontro tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén.

Abordáronse liñas de actuación para favorecer o desenvolvemento económico e social do municipio, apoiando o tecido local e impulsando iniciativas que creen oportunidades laborais no ámbito rural.

A Xunta destacou a importancia do contacto directo cos concellos para coñecer as súas necesidades e deseñar políticas adaptadas, fortalecendo a economía local e mellorando a calidade de vida da veciñanza.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA