Vilar de Santos, Vilar de Barrio, Sarreaus, Bande e Trasmiras entre máis concellos terán cine ao aire libre

Dende A Limia

A Deputación de Ourense impulsa o «Circuíto provincial de cine de verán 2025», levando proxeccións audiovisuais ao aire libre a 30 concellos da provincia. O deputado de Cultura, César Fernández, subliña o apoio da Deputación ao cine e á dinamización do rural. O proxecto conta coa colaboración de Agadic, Gadis e a organización do cine de verán, representada por Xoán Mariño.

Ata o 30 de setembro proxectaranse cinco películas para todos os públicos: «+ Cuñados», «As Neves», «Antes de Nós – Castelao», «Os demos de Barro» e «Chicken Run – Amanecer de los Nuggets». Varios destes filmes foron rodados en Ourense e contaron co apoio da Deputación.

«+ Cuñados» proxectarase en Barbadás, Maside, Nogueira de Ramuín, Celanova, Vilariño de Conso, O Bolo, Melón e Sarreaus. «As Neves» en Viana do Bolo, Castrelo de Miño, Piñor, Avión, Montederramo e San Xoán de Río. «Antes de Nós -Castelao» en Verea, Vilar de Barrio, A Peroxa, Cartelle, Maceda, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. «Os demos de Barro» en Bande, Baños de Molgas e Allariz. E «Chicken Run – Amanacer de los Nuggets» en Boborás, Esgos, Paderne de Allariz, A Mezquita e Carballeda de Avia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA