​“Tecendo Cultura” arrinca en Xinzo cun encontro arredor do oficio de escribir con Antón Riveiro Coello

Dende A Limia

I Festival Literario “Tecendo Cultura” en Xinzo de Limia

O pasado 17 de abril, o Café Ítaca acolleu o faladoiro “O oficio de escribir. Por que e para quen?”, inaugurando as actividades do I Festival Literario “Tecendo Cultura”. O encontro contou coa participación do escritor Antón Riveiro Coello, quen compartiu a súa experiencia sobre a profesión literaria.

Durante a xornada, destacouse a importancia de revalorizar a escrita como un traballo e non como un simple lecer, co obxectivo de evitar a precarización do sector. Asímesmo, reflexionouse sobre a relación simbiótica e indispensable que existe entre o escritor e o lector.

O festival continuará o 25 de abril en Xpazo cunha manifestación de lectura aberta, onde se convida á veciñanza de Xinzo de Limia a compartir colectivamente as súas lecturas preferidas.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA