Celebración do X aniversario do Coro Agarimos da Terra
O domingo 26 de abril, o Auditorio Infanta Isabel de Mondariz Balneario acollou a celebración do décimo aniversario do Coro Agarimos da Terra.
No evento participaron tres agrupacións corais: o Coro Aimil, o propio Coro Agarimos da Terra e o Coro Cantigas e Agarimos de Santiago.
Durante o acto, a asociación Aimil Folc distinguiu ao coro mondaricense nomeándoo socio de honra da entidade.
Fonte: www.dendealimia.com
