O Concello de Xinzo convoca o VI Concurso “Xinzo en Flor” para embelecer balcóns e xardíns

Dende A Limia

Xinzo en Flor celebra a súa sexta edición en 2025

O Concello de Xinzo de Limia convoca unha nova edición do certame «Xinzo en Flor» dirixido á veciñanza que decore balcóns e xardíns con flores naturais.

O obxectivo é mellorar a paisaxe urbana e fomentar o coidado do medio ambiente.

As inscricións están abertas ata o 18 de agosto e deben realizarse no Rexistro do Concello ou a través do correo electrónico [email protected].

Haberá premios en bonos para canxear en establecementos locais, tanto para a categoría de Balcóns (150€ e 100€) como para a de Xardíns (200€ e 150€).

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA