​Luis Menor pon a María del Carmen Yáñez, que renova a presidencia do PP de Lobios, como “exemplo da estabilidade política que os populares representamos na provincia”

Dende A Limia

María del Carmen Yáñez Salgado foi reelixida como presidenta do Partido Popular en Lobios durante o congreso celebrado pola agrupación local.

O presidente provincial do PP, Luis Menor, louvou a Yáñez, tamén alcaldesa, como un «exemplo da estabilidade política que os populares ofrecemos e representamos na provincia». Destacou a súa constancia e o feito de encadear maiorías absolutas en Lobios dende 2011, resaltando a súa xestión como aval da confianza da xente nun proxecto claro.

María del Carmen Yáñez agradeceu o apoio recibido durante os seus quince anos de traballo en Lobios e a confianza da dirección provincial.

Luis Menor reafirmou a continuidade da estratexia provincial de actualizar e fortalecer as agrupacións locais. Tamén sinalou os obxectivos do partido para 2027: superar as 54 alcaldías actuais, recuperar a maioría absoluta na Deputación e ser decisivos na capital, ademais de preparar o camiño para as vitorias de Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA