LongeviLab: Proxecto internacional de aprendizaxe para a lonxevidade en Ourense
LongeviLab é unha iniciativa de intercambio e aprendizaxe centrada no fomento dun envellecemento saudable. O proxecto conta coa participación de persoas maiores procedentes de España, Arxentina e Costa Rica.
O obxectivo principal é a inmersión en estilos de vida de superlonxevidade baseados en evidencia científica, analizando hábitos de alimentación, actividade física e a interacción cos habitantes locais para compartir referencias sobre a saúde no envellecemento.
Actividades destacadas do programa:
- Encontro científico: Celebraseu no campus de Ourense da Universidade de Vigo, con ponencias de Miguel Angel Vázquez-Vázquez (estratexias de saúde) e Jose María Failde Garrido (investigacións sobre a lonxevidade en Galicia).
- Cine e debate: Presentación do documental «Vida en Ourense desde outro século», dirixido por Rubén Riós, que recolle máis de 90 historias de vida.
- Experiencias sensoriais: Visitas termais en Prexigueiro (Rivadavia) e un recorridos polo centro histórico de Ourense.
- Intercambio cultural (30 de abril): Xornada en Celanova que inclúe a visita á vila, ao mosteiro e á feira, promovendo o contacto directo coa comunidade e os centenarios da zona.
- Análise da vida rural: Visita ao CDR O Viso en Lodoselo para estudar os modelos de coidado comunitario e as prácticas interxeracionais vinculadas ao territorio.
Fonte: www.dendealimia.com
