O vindeiro venres, 10 de abril, ás 12:00 horas, inaugurarase a exposición “Cornamusas Primitivas: Historia da Civilización” no Museo Galego do Entroido (MUGAE), en Xinzo de Limia. Este acto está aberto ao público.
A mostra, comisariada pola investigadora Ruth Foxo Aira, poderá visitarse do 9 de abril ao 30 de xuño de 2026, en horario de xoves a domingo e festivos, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:30 horas.
Exponse vinte e dous instrumentos procedentes do Museo Internacional da Gaita da Deputación de Ourense. Cada peza conta cun código QR que permitirá aos visitantes escoitar o son do instrumento e melodías interpretadas por gaiteiros de diversas culturas. A exposición tamén inclúe paneis ilustrativos sobre a iconografía da gaita na Península Ibérica.
A exposición chega a Xinzo de Limia tras itinerar por Madrid e Lugo, froito da colaboración entre a Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense e a Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo. A iniciativa está dirixida ao alumnado de centros musicais e educativos, así como ao público xeral.
A exposición combina a riqueza sonora das cornamusas primitivas con traxes representativos dos entroidos galegos.
Fonte: www.dendealimia.com
