Antonio Iglesias Álvarez revalida a presidencia do PP de Lobeira
Antonio Iglesias Álvarez foi reelecto como presidente do Partido Popular de Lobeira durante o congreso da agrupación local. O líder dos populares ourensáns, Luis Menor, destacou a figura do alcalde como unha «garantía de estabilidade política e compromiso», calificando a agrupación de Lobeira como unha peza fundamental para seguir colleitando resultados electorais positivos.
O evento contou coa presenza de figuras relevantes da formación, como a secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas; o presidente do comité de Relacións Institucionais e Interparlamentarias, Miguel Santalices, así como diversos alcaldes e portavoces populares da Baixa Limia e Terras de Celanova.
Por sua parte, Iglesias agradeceu o apoio dos afiliados e veciños, subliñando que a súa xestión se centrará no traballo en equipo e na unión do partido co obxectivo de chegar fortalecidos ás eleccións de 2027.
Fonte: www.dendealimia.com
