Ourense Strade Termal: unha proba cicloturista internacional na Baixa Limia
Máis de 250 ciclistas participarán na nova edición da “Ourense Strade Termal”, unha marcha cicloturista organizada pola Deputación de Ourense a través do Inorde. O evento, que forma parte do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, busca promover o turismo provincial mediante a combinación de deporte e natureza.
A proba disputarase o vindeiro 26 de abril, con saída e meta nas instalacións do Hotel Balneario Caldaria de Lobios. Os participantes poderán elixir entre dous recorridos:
- 115 km
- 80 km
Ambas rutas destacan polos seus tramos de “sterrato” (camiños de terra compactada), que sumarán un total de 12 km, achegando un carácter diferencial á competición.
O trazado terá un marcado carácter internacional ao percorrer os concellos de Lobios e Muíños (España) e extenderse ata a Cámara Municipal de Montalegre (Portugal), atravesando as localidades de Tourém e Pitoes das Junias no Géres portugués. Este itinerario pon en valor o entorno natural da Baixa Limia e a identidade termal da zona.
O evento foi presentado oficialmente no Castelo de Montalegre por representantes do Inorde, a xefía provincial de Turismo, os alcaldes de Muíños e Lobios, a dirección técnica da proba, a Garda Civil e autoridades de Montalegre.
As inscricións permanecen abertas ata o 22 de abril a través da páxina web oficial: www.ourensestradetermal.com.
Fonte: www.dendealimia.com
