8 M Día da Muller no concello de Vilar de Santos

Dende A Limia

O Concello de Vilar de Santos organiza unha iniciativa para conmemorar o Día Internacional da Muller, baixo o lema «A IGUALDADE tamén se constrúe coa túa voz».

A proposta invita á cidadanía a participar enviando material que represente a igualdade, xa sexa unha frase, un debuxo ou unha fotografía.

Todo o material recibido integrará unha exposición colaborativa aberta á veciñanza.

Os envíos pódense realizar a través de:

  • Correo electrónico: [email protected]
  • Teléfono: 637 11 52 85
  • Entrega presencial na oficina da traballadora social.

A data límite para o envío de material é o venres 07 de marzo.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA