Tes un tractor e maña ao volante? O programa “O mellor tractor do mundo” busca candidatos

O rural galego volve converterse nun escenario de competición televisiva. A Revolta Producións abriu o proceso de selección para a segunda tempada de “O mellor tractor do mundo” (A Galega).

Búscanse homes e mulleres con tractor propio que queiran amosar a súa habilidade en probas de destreza.

Se cres que ninguén manexa o tractor coma ti, podes contactar no 619 713 435 ou en [email protected].

Máis información en https://www.agalega.gal/videos/category/14962-o-mellor-tractor-do-mundo

É o momento de demostrar quen manda no agro!