Éxito do trío vigués Abril na Torre do Castro
O sábado 9 de agosto, o grupo vigués Abril, formado por Claudia Abril, Mariana Carpente e Hugo Abril, ofreceu un concerto de músicas galegas e ibéricas na Torre do Castro (Sandiás). O evento, que xa vai pola súa sexta edición, mesturou tradición e modernidade con sons de raíz e folk contemporáneo. Ao redor de 150 persoas asistiron ao concerto, enmarcado no programa municipal «Eloxio da Oralidade», dedicado á poesía popular oral das cantareiras.
Abril evoca a frescura e o renacemento, mesturando tradición oral e xéneros musicais modernos. O grupo está composto por Claudia Abril (voz e percusións), Marina Carpente (violín e voz) e Hugo Abril (guitarra clásica). Claudia Abril é cantante, percusionista e violinista. Marina Carpente é violinista e intérprete.
Fonte: www.sandias.es