Actividades de verán para a conciliación familiar en Sandiás
O Concello de Sandiás está a levar a cabo o campamento «Concilia 2025» dende o 24 de Xuño ata o 5 de Setembro, co obxectivo de favorecer a conciliación familiar, a vida saudable e o lecer activo.
As actividades, dirixidas a nenos e mozos, desenvólvense no Polideportivo Campo S. Nicolás e no CEIP de Sandiás, con horario de 9:00 a 14:00 (posibilidade de deixar aos nenos dende as 8:00 e recoller ata as 14:30).
Na segunda quincena de xullo, realizáronse xogos, torneos deportivos, obradoiros, xogos populares, actividades culturais e outras dinámicas para enriquecer o tempo de lecer e promover habilidades sociais. A organización corre a cargo de Atelier Social.
Fonte: www.sandias.es