Enfrontamentos da Garda Civil coa guerrilla en Toxediño e Parada de Outeiro

Blogs

Enfrontamentos da Garda Civil coa guerrilla en Toxediño e Parada de Outeiro.
A mediados do mes de Decembro de 1948, saen os guerrilleiros para Vilar de Santos, parando tres días na Corga na casa de Rosa Gándara[1], á que tiñan aceso co contrasinal de “Foco”[2], seguindo posteriormente ata Parada de Outeiro onde se aloxaron sete membros do grupo, na casa do taberneiro Manuel Quintas Domínguez, e catro guerrilleiros máis na aldea de Toxediño. A presenza da guerrilla na zona, tiña como finalidade preparar un golpe económico e dar morte a un tal Paco, a quen xa lle roubaran anteriormente e lle colleran dous fusís do Somatén[3], outro dos obxectivos eran os veciños, Xosé Belenda “O Belenda” e Ramón Martínez “O Pipote”, significados falanxistas da comarca[4], veciños todos de Vilar de Santos[5].
Á espera do momento oportuno, o día 21 de decembro, os catro guerrilleiros da II Agrupación, que se atopaban na aldea de Toxediño, que eran: Xosé María Martínez, Manuel Novoa Barreiro, Gumersindo Ansias e Perfecto Dios Fernández, foron descubertos na casa de Camilo Fernández, desencadeándose un tiroteo coas forzas da Garda Civil, resultando un garda morto, Ramón Pontes Abraldes, e feridos graves o sarxento, Henrique Pérez Pérez, e o garda, Honorino Xestoso González, fuxindo entón os guerrilleiros sendo perseguidos en dirección ós montes de Vilar de Barrio. Camilo Dios e os seus compañeiros, que se atopaban en Parada de Outeiro, na casa de Manuel Quintas, saíron ao ouvir os disparos, sendo descubertos e tiroteados por forzas da Garda Civil de Xinzo, fuxindo en dirección a Ganade, logo dun curto enfrontamento. Ó ser delatados e descubertos, os guerrilleiros tiñan que retirarse sen que puideran levar a cabo a vinganza contra os falanxistas de Vilar de Santos[6].
Do informe do coronel xefe destacamos: “Sobre las 11 horas del día 21 tuvo conocimiento el Sargento Comandante del puesto de que en el pueblo de Tojediño de su demarcación, había tres o cuatro bandoleros dentro de una casa, por lo que (…) en unión de los guardias, Ramón Ponte Abraldes, Honorino Gestoso González, Joaquín Fornos Palomares y José Yáñez Pinza, salió para dicho lugar enviando aviso por mediación de un hijo suyo que utilizó una bicicleta, al puesto limítrofe de Ginzo, para que salieran también en dicha dirección; sobre las 12,30 horas llegó el sargento y cuatro guardias al pueblo, localizando la casa donde se hallaban los bandoleros, que era propiedad del vecino de derechas, Camilo Fernández, rodeando esta para lo que se estableció los guardias, Ramón Ponte y Honorino Gestoso, de vigilancia en la fachada de la puerta de la casa. El Sargento en la fachada donde existe una ventana y los otros dos guardias en la parte posterior del edificio, en cuyo momento logró salir de la casa el dueño, Camilo Fernández, sobre el que hicieron fuego los bandoleros, hiriéndole levemente en la mejilla derecha, empezando el fuego del interior de la casa contra la fuerza, respondiendo esta en la misma forma. El Sargento envió un emisario llamado, Antonio Quintas García, al interior de la casa, intimidando a los bandoleros a que se rindiesen, pues estaban cercados, no dejando salir estos al referido emisario y aumentando el fuego, especialmente sobre los Guardias que vigilaban la puerta, cayendo muerto en el acto, el Guardia, Ramón Ponte, y poco después cayó herido el otro Guardia de la puerta, Honorino Gestoso, momento que aprovecharon los bandoleros para salir. Al enterarse el sargento por las voces de una mujer de que los Guardias habían caído y que se escapaban los bandoleros, acudió en aquella dirección con los Guardias, Joaquín Fornos Palomares y José Yañez Pinza, persiguiendo a éstos a pesar de hallarse herido dicho Sargento en un pie, persecución que tuvo que suspender  al kilómetro y medio por haber recibido otra herida en una pierna, pero continuando los dos Guardias y dos paisanos hasta el Monte Cerredelo, donde se defendieron los bandoleros. Al mismo tiempo (…) el resto de la banda, compuesta de tres individuos y que debía hallarse en el pueblo de Parada de Outeiro, donde oían perfectamente los disparos de Tojediño (..) intentó llamar la atención de la fuerza, penetrando en la casa del cura e hiriendo al paisano, Juan Pérez Cid[7], dándose a la fuga en dirección a Cerredelo, en cuyo momento apareció la fuerza del puesto de Ginzo, estableciendo contacto con los Guardias de Rairiz, continuando la persecución de los guerrilleros, oyéndose nutrido fuego de ambas partes (…) y perdiendo la pista de estos (…)”[8].
Os guerrilleiros que se atopaban en Parada de Outeiro, na casa de Manuel Quintas Domínguez, eran: Xosé María Saavedra, Benigno Fraga, Xoán Xorga, Lucio Saborido, Camilo Dios e a súa nai Carmen Fernández. Dende Vilar de Barrio, onde se reuniran, oito dos guerrilleiros partiron para Ganade, aloxándose na casa de Xulio de Castro (a) “Manzano”, onde coñeceron polo seu fillo Pepe[9], o día 25 de decembro, que se atopaba na localidade o coche do Gobernador Civil, no que viaxaba o secretario deste e que estaba ceando na caso do Satiro, planeando Xoán Sorga e  Xosé María matar o citado secretario, e fuxir todos no coche oficial, non sen antes roubar a un comerciante da localidade, feito que non levaron a cabo por estar Camilo Dios Fernández, lesionado nun xeonllo e non ter cartos para unha longa retirada[10].
(Do meu libro: Historia e Memoria. A LIMIA 1931-1953).

[1] Rosa Gándara Rúa, de 41 anos, un fillo, casada con Cesáreo Gamucio, detida na redada de 07.04.49, permaneceu no cárcere de Ourense ata o día 28.03.50.
[2] Detallamos outros enlaces da guerrilla. Na Corga tiñan tamén como refuxio a casa de Rosa Seguín Losada de 33 anos, contrasinal “Mozas”, detida e ingresada no cárcere de Ourense o 07.04.49 e, Fé González Ledo, contrasinal de “Chapleta”, detida e ingresada en 07.04.49, de 35 anos, casada con Xosé Quintas Santana, tamén detido na mesma redada. Outro enlace era, Antonio Pérez Incógnito, contrasinal de “Luz”, de 50 anos, casado con Adelaida González Pérez, detidos e ingresados no cárcere de Ourense en 11.04.49 e 07.04.49, respectivamente. Na aldea de Fontela tiñan refuxio na casa dun tal Manolo (a) Morgade, contrasinal de “Cotorra”. AMIRMN. Causa 167/49.
[3] O tal Paco, era o veciño de Vilar de Santos, Francisco Lama Ferreiro, de 58 anos, atracado o día 18 de agosto e ingresado no cárcere de Ourense con data 21.08.48 por orde do gobernador militar. AHPO. Fondo Prisións. Libro de entradas nº 10.369. Fora Alcalde de elección popular nas eleccións municipais do 12.04.31 anuladas e novamente elixido Alcalde nas segundas municipais celebradas en 31.05.31.
[4] Iso di o atestado, pero parece ser que os guerrilleiros acudiran á zona para desarticular un grupo de delincuentes comúns de Allariz, Vilar de Santos e Rairiz, que atracaban a xente facéndose pasar por guerrilleiros da República.
[5] AMIRMN. Causa 167/49.
[6] AMIRMN. Causa 167/49.
[7] Parece ser que acudira á casa do cura para que lle facilitara unha escopeta para axudar á  Garda Civil, recibindo un disparo nas costas.
[8] AMIRMN. Causa militar nº 2/1949.
[9] Xosé de Castro Rodríguez, 29 anos, un fillo, casado con Celsa Borrajo, detido e ingresado no cárcere de Ourense o 11.04.49, con data 30 de agosto é trasladado a Xinzo para practicar dilixencias; con data 27.11.1950 condenado, pasa a cumprir condena no penal de Santoña en Santander.
[10] AMIRMN. Causa 167/49.

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

VER NOTICIA COMPLETA