Escolas Deportivas de Xinzo, campións da Copa Deputación Cadete
O equipo cadete das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia proclamouse campión da Copa Deputación tras vencer ao Bosco por 4-1 na final disputada na Moreira.
Juan Forri, adestrador do Antela xuvenil, cualificou esta xeración de futbolistas limiáns como a mellor que viu nunca. Nela inclúe xogadores como Iván, Santana, Adrián Meno e Manu Melguizo, ademais dos compoñentes do equipo campión.
Forri espera que estes xogadores formen a base do xuvenil do Antela a próxima tempada, e sinala que as conversas entre o Antela e as Escolas Deportivas avanzan cara unha colaboración máis estreita.
O Antela F.C. felicitou ao equipo cadete das Escolas pola súa tempada perfecta, na que gañaron Liga e Copa.
Fonte: antela.fala.gal