Charli López regresa ao Antela para a súa cuarta etapa
Carlos López, «Charli» (Xinzo, 1999), volta ao Antela, club no que xa militou en tres etapas anteriores. O xogador procede do Cented, despois de pasar tamén polo Arnoia tras deixar A Moreira en 2023.
Formado na canteira limiana, Charli debutou no primeiro equipo do Antela na tempada 2015-16. Tras varias etapas noutros equipos como a UDO e o Ourense C.F., e un período de lesión, regresa ao Antela despois de xogar no Cented.
Fonte: antela.fala.gal