David Esteves, primeiro reforzo do Antela para a tempada 2025/26
O Antela CF, de Preferente, incorpora ao mediocentro portugués David Esteves, de 22 anos, procedente do Mirandela (quinta división portuguesa). Esteves formouse no Chaves desde infantís e xogou no Valpaços e Pedras Salgadas (cuarta división).
Foi presentado na Moreira polo presidente Pablo Losada e o director deportivo Daniel Jardón. Esteves defínese como un centrocampista que lle gusta ter o balón. Recoñece que ten poucas referencias do fútbol galego, pero sabe que o Antela é un equipo en progresión.
Esteves vén de gañar a Liga e a Taça Distrital de Bragança co Mirandela.
Fonte: antela.fala.gal