O Antela impúxose por 0-1 ao Moaña grazas a un gol de Pedro Castro na primeira parte. Esta vitoria mantén ao equipo limián na loita polo ascenso, escalando á sexta posición da táboa con 25 puntos, empatado co Lemos (5º) e o Pontevedra B (4º), ambos en postos de play-off.
A xornada fora favorable aos equipos da parte alta, xa que os cinco primeiros clasificados tamén gañaron os seus respectivos encontros. O Antela suma así o seu sétimo triunfo da tempada, e Pedro Castro anota o seu cuarto gol en nove partidos.
O Antela enfrontarase a vindeira semana ao Cultural Areas nun partido clave, que servirá para pechar o ano 2025 na Moreira antes de visitar ao Umia na penúltima xornada da primeira volta.
Fonte: antela.fala.gal
