O equipo de cachibol de Xinzo de Limia participa no II Torneo Interprovincial Venturada
O equipo de cachibol de Xinzo de Limia competirá este domingo 10 de maio no II Torneo Interprovincial Venturada 2026. O evento terá lugar a partir das 09:00 horas no Pabellón Municipal de Venturada, na Comunidade de Madrid.
A competición, organizada por Venturada Deportes co apoio da Comunidade de Madrid, busca promover a práctica do newcom (cachibol), unha modalidade deportiva que combina elementos do voleibol e que está en expansión dentro do territorio galego.
Este desprazamento, que segue a traxectoria do equipo tras a súa participación o ano pasado en Hernani (País Vasco), é posible grazas á colaboración das seguintes entidades:
- Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.
- Deputación Provincial de Ourense.
- Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia.
- Aportacións económicas dos propios deportistas.
Fonte: www.dendealimia.com
